venres, 27 de novembro de 2020

O galego na miña vida | Ángel Carracedo | LGx15

 

Neste enlace de Gciencia podedes ler o artigo: Carracedo: "O galego é un idioma precioso que non debemos deixar perder", inclúe o vídeo anterior. 
A canle de Youtube da CTNL (Coordinadora de Traballadores/as da Normalización da Lingua) permite acceso libra ás interesantes charlas LGx15 Ideas para o futuro da lingua.

martes, 24 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO. INVISIBLES. Relatos do maltrato.

 


25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Invisibles. Relatos de maltrato son 7 relatos curtos, que teñen a forza directa do cotidiano e común, coa dor que pechan as historias que mancan forte, coa violencia do desprezo da palabra que ultraxa, que fire ou do puño que golpea e bate... 7 historias reais escritas por Montse Fajardo (editadas en Edicións Matriarcas) e que sen dúbida logran impactar. 

Son invisibles moitas mulleres que sofren distintos tipos de maltrato como tamén o son, desgraciadamente, moitos maltratadores que exercen o seu poder dun modo progresivo e agobiante pero tamén invisible, ás veces, para os que podan observalos. Mestres da manipulación e da violencia, ademais do forte control emocional... poden exercer terror sobre a vítima e moitas veces tamén á familia que soporta  esta eiva.

Un texto duro, uns relatos impactantes... Un bo modo de reflexionar despois da lectura sobre a prevención dunha difícil realidade que pode afectar a calquera muller. Tamén son estas páxinas unha chamada a protexerse, detectar os primeiros síntomas para cortalo e chegado o caso ter o valor de denunciar e lograr recuperar as ansias de vivir en liberdade.

sábado, 14 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é o mes da Ciencia en galego, nese contexto podedes acceder a  16 Vídeos de Ciencia en galego. Un exemplo deles é esta reflexión sobre as "Invasións biolóxicas" sintetizada nesta didáctica presentación:

 

Neste ENLACE tamén atoparedes interantes vídeos sobre xeoloxía de Galicia. Unha mostra do traballo de Xacobo de Toro en XeoClip é a seguinte:

   

 Por último, deixo a referencia ó Vídeo "A perda da escuridade" é unha versión en galego de "Losing the Dark":

Para desfrutar coa ciencia...