venres, 26 de maio de 2023

Knolling literario - Día do libro

 Deixámosvos unhas imaxes dos Knolling literarios que fixo o alumnado de diferentes cursos da ESO.
Dan ganas de ler e, algúns, tamén de comer. Os libros que escolleron están en diversas linguas do centro: galego, castelán, italiano e ata inglés. 

Esperamos que vos gusten tanto como a nós! 





 

 

venres, 12 de maio de 2023

Letras Galegas 2023

 O próximo mércores 17 de maio as Letras Galegas homenaxean a Francisco de Fernández del Riego, un dos impulsores da Editorial Galaxia. 

Dende o IES Río Cabe, o alumnado participará en diversas actividades relacionadas:

- Exposición sobre Francisco Fernández del Riego na entrada do centro.

- 15 de maio, luns. I Foliada Literaria, en horario de tarde. Todo o alumnado.

- 29 de maio, luns. O alumnado de 1.º e 2.º de ESO participará no Correlingua e o alumnado de 1.º de Bac realizará unha saída a Lourenzá, onde realizarán un roteiro literario-cultural na vila de don Paco, e á Pontenova, onde visitarán a Mina Consuelo e Boulloso.


Dende o EDLG, animámosvos a coñecer máis sobre a vida deste intelectural galego e achegámosvos os enlaces a diversas actividades feitas polo Seminario Galán: ruletas, rodicios, xogos de pistas... Non teñen desperdicio! 

Pincha na imaxe para acceder a elas e desfrútaas!