O próximo mércores 17 de maio as Letras Galegas homenaxean a Francisco de Fernández del Riego, un dos impulsores da Editorial Galaxia.
Dende o IES Río Cabe, o alumnado participará en diversas actividades relacionadas:
- Exposición sobre Francisco Fernández del Riego na entrada do centro.
- 15 de maio, luns. I Foliada Literaria, en horario de tarde. Todo o alumnado.
- 29 de maio, luns. O alumnado de 1.º e 2.º de ESO participará no Correlingua e o alumnado de 1.º de Bac realizará unha saída a Lourenzá, onde realizarán un roteiro literario-cultural na vila de don Paco, e á Pontenova, onde visitarán a Mina Consuelo e Boulloso.
Dende o EDLG, animámosvos a coñecer máis sobre a vida deste intelectural galego e achegámosvos os enlaces a diversas actividades feitas polo Seminario Galán: ruletas, rodicios, xogos de pistas... Non teñen desperdicio!
Pincha na imaxe para acceder a elas e desfrútaas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario