Xa vos amosamos o cartel do concurso que, este ano, se promoveu no IES Río Cabe.
Achegámosvos imaxes do resultado e, en breves, anunciaremos as propostas gañadoras.
Parabéns a todos os participantes!
Xa vos amosamos o cartel do concurso que, este ano, se promoveu no IES Río Cabe.
Achegámosvos imaxes do resultado e, en breves, anunciaremos as propostas gañadoras.
Parabéns a todos os participantes!
O 28 de abril o abarrotado Salón de Actos do IES Río Cabe acolleu a IV Final Intercentros de Oratoria Improvisada.
Nesta ocasión déronse cita oito centros educativos de diferentes municipios e provincias galegas: o IES A Pinguela, de Monforte; o IES Martaguisela, do Barco de Valdeorras; o IES Xograr Alfonso X, de Sarria; o IES Laxeiro, de Lalín; o IES Carlos Casares, de Viana do Bolo; o CPI Ramón Piñeiro, de Pobra de San Xiao; o IES de Quiroga, de Quiroga; e o IES Río Cabe, de Monforte de Lemos.
Máis de setenta estudantes acudiron a unha cita na que todo comeza cunha soa palabra; a un escenario no que non houbo discursos aprendidos nin camiños trazados; a esta data na que o que houbo foi valentía, imaxinación e maxia: a maxia do inesperado, do irrepetible e do único. Os participantes demostraron, unha vez máis, que a lingua está viva.
Ademais dos profesores acompañantes dos diferentes centros, á cita acudiron Sagrario Sánchez, Directora Territorial de Educación de Lugo; Katy Varela, Deputada autonómica e representante de concello no Consello Escolar; Luis Álvarez, Inspector de Educación do noso centro e Pilar Teijeiro, Coordinadora provincial dos Equipos de Dinamización Lingüística da provincia de Lugo. Dámoslles, novamente, as gracias por acopañarnos e por seren testemuñas directas do que se fai nos centros de ensino público de Galicia.
Ademais, este ano contamos cunha novidade: un xurado externo e non vinculado a ningún dos centros educativos participantes. Estivo formado por Gabriel Fernández e Laura Patiño, que tras participar en torneos de debate na súa adolescencia (Parlamento Xove, Fundación Barrié), agora colaboran activamente na organización de iniciativas como Máis Debate Lugo ou o Torneo de Oratoria Letras Galegas. Para eles, tamén, o noso agradecemento. Sabemos que ser xuíz non é doado.
Tralo certame, os participantes realizaron unha comida de confraternidade no comedor do noso centro e unha visita guiada por algúns dos lugares máis emblemáticos de Monforte de Lemos, organizada por unha alumna do CS de Guía, Información e Asistencia Turísticas do noso centro. Novamente, gracias.
Agora toca aprender do vivido e seguir traballando para a celebración da palabra improvisada do próximo curso.
Xa temos catel e programa para a final do IV Certame Intercentros de Oratoria Improvisada.
Terá lugar o próximo martes 28 de abril no Salón de Actos do IES Río Cabe e contará coa participación de sete centros educativos.
O noso alumnado do Club de Debate está estes días na Escola de Relacións Laborais de Lugo. Un equipo de ESO e outro de BAC participan neste evento que, durante tres días, reúne a máis de douscentos estudantes de toda Galicia.
Sabemos que están desfrutando moito e desexámoslles moita sorte nesta experiencia que suman á súa formación académica!
Deixámosvos algunhas das notas de prensa que se fan eco do evento:
Ademais, aproveitamos para felicitar á nosa ex alumna Sabela López Mariño, que obtivo o galardón na categoría de Discursos de nivel Universidade. Cómpre destacar que, na edición anterior, Sabela participara xa neste torneo, nos debates de bacharelato. Alégranos ver que estas iniciativas prenden no alumnado e saber que continúan formándose nese eido. Podedes ver nesta ligazón o seu discurso. Noraboa, Sabela!

