O luns 26 de outubro, o alumnado de 2.º de ESO participou nun obradoiro con Ana Carreira, dramaturga, narradora oral e actriz. Ademais da súa longa traxectoa nas táboas, tamén deixa a súa impronta sobre o papel e acadou o IV Premio Varela Buxán de dramaturxia pola peza Un intre antes do solpor e o XII Premio Manuel María de literatura infantil pola peza Nin me amoles, que tiñamos na nosa biblioteca e que moi agarimosamente nos asinou.
Na biblioteca, a autora leu cos estudantes o manifesto que o curso pasado fixeron alumnos doutros centros para a actividade do Correlingua; a continuación, os rapaces escolleron imaxes e frases para traballar a inspiración e reflexionar sobre a situación da nosa lingua.
Coas súas ideas crearon lemas suxerentes, traballando en gurpo e promovendo o debate respectuoso; os nosos mozos e mozas expresáronse e o resultado do seu traballo formará parte do manifesto do Correlingua, actividade na que o noso IES ten unha longa traxectoria de participación.
Entre as frases que escribiron, que podeeds ver las imaxes dos collages realizados, están algunhas tan suxerentes e poéticas como as que seguen:
Unha igualdade efectiva e real, falando galego imos lograr.
Borja Iglesias coa selección, levou o galego ata Nova Iork.
Cando cheguei a Galicia o galego non quería falar; pasaron os meses e agora non podo parar.
O galego é unha lingua preciosa e cos nosos poemas namoramos ás mozas. O galego é unha lingua de gozo e cos nosos poemas namoramos aos mozos.
Cando escoitei o galego, dábame medo falalo; cando falei o galego, dábame medo ser o único; e agora que non son o único, dame medo que se perda e pasei de que me dera igual o galego a loitar porque non se perda.
O galego é un avión que viaxa aos corazóns.
Os pobos únense, a xente xúntase e os corazóns mestúranse, mentres a lingua galega namora ás persoas.
Gracias á organización por achegarnos esta oportunidade, a Ana Carreira pola súa paciencia e parabéns aos nosos rapaces polo seu esforzo e implicación!





















