Co gallo do Día do Libro, dende o EDLG do IES Río Cabe, e en colaboración co Club de lectura Balbordo, Bibliocabe e os Dptos. de Lingua Castelá e Literatura, Lingua e Literatura Galegas e Educación Plástica e Visual, anímavos a participar na próxima EXPOSICIÓN KNOLLING LITERARIO
Que é o Knolling?
É unha técnica fotográfica que se remonta a 1987 e que aúna nunha imaxe diferentes obxectos con relación entre si. Neste blog explícase moi ben. A nosa proposta e que fagades unha composición fotográfica que reúna diferentes obxectos relacionados cun libro que vos gustase.
Seleccionados os obxectos, disponos de xeito axeitado, sobre un fondo liso e saca unha fotografía dende arriba, é dicir, empregando o prano cenital. Lembra incluir a portada do libro na imaxe!
A continuación, envía a túa fotografía ao correo normalizacionriocabe@gmail.com co asunto Knolling literario.
Es quen de adiviñar en que zona do IES Río Cabe se mostrarán as vosas creacións?
Animádevos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario