mércores, 22 de decembro de 2021

BO NADAL

O Equipo de Normalización Lingüística únese á iniciativa proposta  polo Equipo da Biblioteca (Nadal en clave feminina) para adornar á árbore con lecturas de Nadal. Nas tarxetas, elaboradas e decoradas polos rapaces, aparecen obras de diferentes autoras.

Desexámosvos  unhas boas vacacións.






luns, 13 de decembro de 2021

A PALABRA DO ANO 2021

 No Portal das Palabras podedes votar a palabra do ano 2021 entre estas finalistas.

COADA

GROMO

RESILIENCIA

TANXUGUEIRAS

VACINÓDROMO



A elixida foi TANXUGUEIRAS polo nome do grupo que poderá participar no Festival de Eurovisión

Podedes ver neste enlace as palabras gañadoras de anos anteriores

venres, 10 de decembro de 2021

10 DE DECEMBRO. DEREITOS HUMANOS

 

Impresionante Álbum, escalofriante texto, impactantes imaxes... Moi gráfico.
A caixa de cartón na que unha nai deposita á súa filla de nena convírtese no berce, nas paredes, no fogar. Logo nai e filla emigran buscando un mundo mellor. Chegan e non atopan axuda. Unha gran caixa de cartón é a súa vida, a miseria na que tamén hai espazo para sorrir. E logo do horror e a incomprensión unha nova vida para a nena, na que outra caixa de cartón terá o significado do recordo e da esperanza.