venres, 16 de decembro de 2022

Parabens!

 Xa temos gañadores do certame de postais de Nadal, que estivo ben reñido.

O 1.º Premio é para a imaxe Lucía de la Iglesia, de 4.º ESO A.

O  2.º Premio é para a postal de África Guitián de 1.º ESO B.

O 3.º Premio é para o debuxo de Alexia Sánchez de 1.º ESO C. 

O premio á mellor postal con texto en galego recae no traballo de Verónica Caplea, de 1.º ESO A. 

A próxima semana entregaremos os premios. 

Gracias a todos os participantes!



 


venres, 9 de decembro de 2022

Parabéns! Gañadores do Concurso de relatos María Casares

 Co gallo do centenario no nacemento da autora María Casares, o xornal El ideal gallego convocou un concurso de microrrelatos  para estudantes de ESO. Como resultado dun marabilloso traballo en equipo guiado pola proefsora Noelia Besteiro, os tres premios foron para alumnos do IES Río Cabe: durante o mes de novembro, os estudantes documentáronse sobre a figura de María casares; a continuación, escribiron relatos con ideas e puntos de vista achegados por todos eles; e, finalmente, a participación e esforzo víronse reflexados nos premios acadados. 

No enlace podes ver os microrrelatos gañadores. Que sigan os éxitos!

Nadal no IES Río Cabe

O Equipo de biblioteca e o Equipo de dinamización lingüística convocan, un ano máis, o certame de postais de Nadal. Podes ver as bases no cartel. Anímate e participa!



venres, 2 de decembro de 2022

A palabra do ano

 Dende o Portal das Palabras, en colaboración coa RAG e a Fundación Barrié, está aberto o prazo para propoñer á palabra do ano 2022. 

Pincha na seguinte imaxe e propón a túa antes do 11 de decembro ás 23:59!! 

25 N -Eu tamén precisei unha porta violeta cando....

 O Equipo de biblioteca do IES Río Cabe lanzou a campaña Portas violetas durante o mes de novembro e, dende o EDLG, apoiamos a proposta coa reflexión a propósito dos micromachismos, esas frases ou situacións ofensivas que constitúen un modo máis de violencia verbal. Agradecemos a toda a comunidade eduativa a súa participación, especialmente aos alumnos de nocturno e da materia de Oratoria, que se involucraron moi activamente na reflexión.