Co gallo do Día de Rosalía, o alumnado de 2.º de ESO e 3.º PDC elaboraron dous murais para recordar e revitalizar a figura da autora. Dende o EDLG agradecemos as titoras e titor deses grupos a súa colaboración.
En 3.º de ESO PDC, tras ler algúns textos significativos da autora, encheron pétalos con títulos de obras, títulos de poemas e verbas significativas da súa poesía. Con eles, recrearon o rostro da autora.
Os dous grupos de 2.º de ESO copiaron e ilustraron fragmentos dos seus poemas máis coñecidos. Con eles, reproduciron a saia da poeta, que agora nos acompaña no corredor de 1.º e 2.º de ESO.
Deixámosvos unhas imaxes do resultado.
Para rematar, achegamos a publicación dixital 150 cantares para Rosalía de Castro, coordinada por Suso Díaz. Podes acceder a ela pinchando na seguinte imaxe: