mércores, 22 de marzo de 2023

Final de Oratoria no IES Río Cabe

 O venres 17 tivo lugar a final de Oratoria Improvisada no IES Río Cabe. Os gañadores de cada nivel son os seguintes: 

1.º e 2.º de ESO

Paula Bouso

Tiago Saldaña

Emeli Vizcaíno

3.º e 4.º de ESO

Demetrio González

Ximena López

Sabela López

1.º e 2.º de BAC

Iván Blanco

Héctor Rosende

Candela Saavedra


Parabéns a todos os participantes!

Próximamente, terá lugar a Final intercentros, no que participarán con alumnado de Sarria e do Barco de Valdeorras.

venres, 3 de marzo de 2023

Parabéns!

 Ao abeiro do Festival de poesía Alguén que respira!, convocouse o certame Poesía Respira! para centros escolares de Galicia. As composicións presentadas tiñan que ter como tema o "cambio de clima e os legados culturais da vida".

Os versos do noso alumno Xurxo González Rodríguez, de 4.º de ESO, gañaron o premio da categoría E.S.O., galardón dotado con 300 euros. 

Moitos parabéns!!!!

 




Participa!

 Recodámosvos que esta aberta a convocatoria LINGUA DE NAMORAR 2023, que premia as mellores mensaxes de amor en lingua galega. 

Podes ver as bases aquí. O amor ten premio sempre; e, en galego, este pode ser unha talbet, un libro electrónico, uns cascos sen fíos....