Ademais da Foliada literaria que se celebrou no institiuto e cuxas imaxes podedes ver na seguinte ligazón, no centro realizáronse outras dúas actividades relacionadas cono esta data.
Por un lado, o alumnado de 1.º e 2.º de ESO participou no Correlingua con pancartas que reproducían o lema da actividade neste 2023: Na casa, na escola, bota a lingua fóra!
Na mesma xornada, o alumnado de 1.º de bacharelato visitou Lourenzá, vila natal de D. Francisco Fernández del Riego, onde fixeron unha ruta literaria.