O xoves 24 de abril, o alumnado gañador do Concurso de Oratoria Improvisada do noso centro desprazouse ata O Barco de Valdeorras. Alí tivo lugar a Final Intercentros de dito concurso na que participaron, ademáis dos nosos estudantes, alumnos e alumnas do IES Xograr Afonso X de Sarria e do IES Martaguisela do Barco, centro que, nesta ocasión, foi sede do evento.
Neste pequeño festival
da palabra o alumnado debía falar durante un minuto sobre unha palabra
escollida ao chou. Pode parecer pouco tempo, pero é un reto de creatividade,
habilidade verbal, improvisación e control dos nervios. Dicía Oscar Wilde que
non existe unha segunda oportunidade para unha primeira impresión e iso é o que
acontece neses sesenta segundos nos que apenas hai cabida para enmnedar. Con
todo, os participantes amosaron unha vez máis o seu dominio da escena e
conquistaron ao público presente, entre o que se atopaba o Xefe Territorial da
Consellería de Educación de Ourense, Jorge Rubén Sanpedro, a Coordinadora
Provincial de Política Lingüística de Ourense, Manoli Maseda, e a Concelleira
de Cultura do concello do Barco, Marga Pizcueta. O xurado, integrado por
profesoras dos tres centros de ensino participantes, tampouco o tivo doado e,
tras unha moi axustada calificación, acordou premiar aos seguintes mozos e
mozas:
Categoría
de 1.º e 2.º de ESO:
- Xulia Pombo (IES
Xograr)
- Darío Núñez (IES
Martaguisela)
- Helena González (IES
Xograr)
Categoría
de 3.º e 4.º de ESO:
- Miguel Rois (IES Río
Cabe)
- Verónica Caplea (IES
Río Cabe)
- Valentín González
(IES Martaguisela)
Categoría
de Bacharelato:
- Anxo Sobrado (IES
Xograr)
- Demetrio González
(IES Río Cabe)
- Mario Prada (IES
Martaguisela)
Tralo concurso, todos os finalistas realizaron unha visita guiada pola vila, desfrutando do Malecón da arte, do casco vello e de Viloira, compartiron un xantar de confraternidade e, pola tarde, gozaron da espectacular vista da zona dende a Torre do Castro e visitaron o Pazo do Castro, unha construcción do século XVII que hoxe en día funciona como Hotel-Monumento e cuxo interior é unha xoia do pasado que pervive entre os viñedos valdeorrenses. Foi, pois, unha xornada moi completa na que o noso alumnado se fixo con tres dos nove premios outorgados. Parabéns!