mércores, 26 de novembro de 2025

25N. Detectando verbas tóxicas

Ás 11 horas reuniuse todo o alumnado do instituto na entrada do mesmo para conmemorar o Día Internacional contra a violencia contra as mulleres. 

Un grupo de alumnas de 4.º de ESO leu un manifesto para recordar a visibilización que, desgraciadamente, continúa a precisar esta data. A lectura acompañouse do recordo dos nomes e idades de todas a mulleres asasinadas este 2025. 

    Catalina, 49; Andrea, 34; Marisa, 61;Dolores, 86; Marta, 2... E así ata 51 nomes femininos. E o ano aínda non rematou.  A violencia contra as mulleres segue enchendo, neste 2025, os titulares semana tras semana, mes tras mes, ano tras ano. Como sociedade, non todo está en orde cando os asasinatos non nos sorprenden.

O 25 de novembro de 1960 asasinaron en República Dominicana ás irmás Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa. 65 años despois, o seu recordo segue vixente: cambian os nomes, cambian as idades, mais non cambia o motivo da súa morte: SER MULLERES.

A pesar dos avances conseguidos nas últimas décadas na loita pola eliminación da violencia contra a muller, os datos son desalentadores: a taxa da violencia de xénero en Galicia aumentou case un 10% con respecto a 2024 e os xulgados de violencia contra as as mulleres reciben unha media de 21 denuncias diarias. CASE UNHA POR HORA.

Dende o Instituto Río Cabe, este curso queremos visibilizar verbas tóxicas: son frases que poden presaxiar unha relación tóxica ou violenta. Comezos que poden rematar mal. Sinais de alerta que non debemos pasar por alto. Sinais de alerta que debemos ser quen de detectar. Para actuar. Para reducir ata a inexistencia a listaxe de feminicidios. Para que o próximo ano non teñamos nomes que recordar.

 Alicia, 84; Marisol, 49; María, 28; Ainhoa, 19...



 








 

luns, 17 de novembro de 2025

25N. Detectando verbas tóxicas



Comeza novembro e nós comenzamos a campaña de sensibilización e concienciación da violencia contra a muller. Este curso escollemos visibilizar mensaxes que poidan augurar unha relación con final tráxico. Ocórreseche algún? Algunha vez dixeches algún? Algunha vez che dixeron algún?