Na entrada do centro, un gran cartel dá a BENVIDA, en moi diferentes linguas...
É unha maneira de acoller ás distintas nacionalidades que atravesan as nosas portas, que falan noutros idiomas, que compartirán un espazo de convivencia, estudo, aprendizaxe, colaboración, novas oportunidades...
Neste blog de Dinamización Lingüística, queremos expresar deste modo a acollida ós membros da Comunidade educativa. Pretende ser unha ventá aberta desde a que compartiremos actividades, experiencias, informacións... Tamén sistematizaremos diversos recursos na rede que podan axudar a aprender a nosa lingua ós que aínda non a coñezan ou tamén a resolver dúbidas, informarse de aspectos culturais, eventos, concursos...
Benvidos ó novo blog.