luns, 26 de outubro de 2020

REGUEIFAS NA BIBLIOTECA

Este curso (para continuar coa tradición de traballar nun Obradoiro coas regueifas) organizouse, de modo conxunto coa Biblioteca do centro e Vicedirección, unha xornada na que o alumnado de 3ºESO aprendeu da regueifeira Ana María Rodríguez (cantante e improvisadora oral galega e colaboradora co Proxecto "Regueifista" para introducilas no ámbito educativo).



Improvisación,  xogo, ironía, humor... encheron de imaxinación e de versos a xornada do 23 de outubro.

Podedes ver os vídeos da actividade, realizados na Biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario