venres, 16 de decembro de 2022

Parabens!

 Xa temos gañadores do certame de postais de Nadal, que estivo ben reñido.

O 1.º Premio é para a imaxe Lucía de la Iglesia, de 4.º ESO A.

O  2.º Premio é para a postal de África Guitián de 1.º ESO B.

O 3.º Premio é para o debuxo de Alexia Sánchez de 1.º ESO C. 

O premio á mellor postal con texto en galego recae no traballo de Verónica Caplea, de 1.º ESO A. 

A próxima semana entregaremos os premios. 

Gracias a todos os participantes!



 


venres, 9 de decembro de 2022

Parabéns! Gañadores do Concurso de relatos María Casares

 Co gallo do centenario no nacemento da autora María Casares, o xornal El ideal gallego convocou un concurso de microrrelatos  para estudantes de ESO. Como resultado dun marabilloso traballo en equipo guiado pola proefsora Noelia Besteiro, os tres premios foron para alumnos do IES Río Cabe: durante o mes de novembro, os estudantes documentáronse sobre a figura de María casares; a continuación, escribiron relatos con ideas e puntos de vista achegados por todos eles; e, finalmente, a participación e esforzo víronse reflexados nos premios acadados. 

No enlace podes ver os microrrelatos gañadores. Que sigan os éxitos!

Nadal no IES Río Cabe

O Equipo de biblioteca e o Equipo de dinamización lingüística convocan, un ano máis, o certame de postais de Nadal. Podes ver as bases no cartel. Anímate e participa!



venres, 2 de decembro de 2022

A palabra do ano

 Dende o Portal das Palabras, en colaboración coa RAG e a Fundación Barrié, está aberto o prazo para propoñer á palabra do ano 2022. 

Pincha na seguinte imaxe e propón a túa antes do 11 de decembro ás 23:59!! 

25 N -Eu tamén precisei unha porta violeta cando....

 O Equipo de biblioteca do IES Río Cabe lanzou a campaña Portas violetas durante o mes de novembro e, dende o EDLG, apoiamos a proposta coa reflexión a propósito dos micromachismos, esas frases ou situacións ofensivas que constitúen un modo máis de violencia verbal. Agradecemos a toda a comunidade eduativa a súa participación, especialmente aos alumnos de nocturno e da materia de Oratoria, que se involucraron moi activamente na reflexión. 






 



martes, 15 de novembro de 2022

Magosto

 Esta semana celebramos no centro a festa de San Martiño, na que non faltaron alimentos típicos e boa música da actualidade galega. Pasámolo en grande!



venres, 28 de outubro de 2022

Samaín 2022

Arranca o curso e comezan as actividades! Na segunda quince do mes de outubo presentamos ao alumnado a actividade "Bota fóra os teus medos", acorde coa temática da época: o Samaín. En colaboración cos dptos. de LLG e LCL, no andar da ESO preparouse unha zona anónima para desfacernos daquelo que máis nos aterrase ou preocupase. Agora, cos medos erradicados, seguro que o curso continúa estupendamente.

Xunto co equipo de biblitoeca, preparamos un certame de pesadelos para a entrada do centro e, no recreo, proxectáronse na Biblioteca do centro curtametraxes de terror. Foi un éxito! 

Deixámovos algunhas imaxes.







domingo, 19 de xuño de 2022

FINAL DO CONCURSO DE ORATORIA IMPROVISADA

 

Como remate de curso celebramos a final do Concurso de Oratoria improvisada, con moita asistencia de alumnado. 
Os Premios foron para:
Joel Elidio (2ºA)
Paula Bousa (3ºA)
Anxo González (3ºA)
Izar da Costa (3ºB)
Noé Gegunde (3ºA)
Sabela López (3ºB)
Inés González (1ºA BAC)

Noraboa!

Tamén  foron entregados os Premios pola Ilustración de Poemas de Florencio Delgado (Día das Letras galegas). Neste caso os agasallos foron para Sara Rodríguez de 1ºB Bac e Génesis Soto de 4ºB ESO.
Moitas grazas




sábado, 21 de maio de 2022

POEMAS ILUSTRADOS POLO ALUMNADO

 A nosa alumna Sara Rodríguez, de 1ºB BAC, ilustrou de modo magnífico dous poemas de Florencio Delgado.







 Génesis Soto Gonzales, de 4º B ESO, fixo tamén as súas estupendas ilustracións de dous poemas do homenaxeado nas Letras.






venres, 20 de maio de 2022

CELEBRACIÓN DAS LETRAS.

 Con variadas propostas, nas que participaron distintos departamentos, Til, Biblioteca... celebramos no Ies Río Cabe  o Día das Letras.

Na entrada, os carteis coa biografía do homenaxeado, enviados pola Consellería,  conviven cuns paraugas "moi literarios"





No salón de Actos participaron numerosos alumnos no recitado de diversos poemas do autor e o grupo de músicos do centro tamén nos deleitou con dous temas.




luns, 21 de marzo de 2022

BALBORDO MARZO. LOUSAS. XOSÉ MANUEL MARCOS

 



Esta entretida novela de Xesús Manuel Marcos é moi recomendable por distintas razóns: a trama principal do misterio que vertebra a historia bifúrcase en interesantes e múltiples ramificacións que envolven a moitos personaxes. Todos agochan algo, presentan unha cara oculta... ou axudan (coa descrición das súas vidas, comportamentos e recordos) a artellar unha nova temática que se acopla perfectamente á trama principal e completa o crebacabezas que pouco a pouco vai enchendo o lector cando xunta partes dispersas dunha información proporcionada polo narrador no momento xusto.
Carlos Fabián, capitán de policía en Bos Aires, volta á súa terra para asistir ó enterro do seu irmán, médico que sofre un accidente aparentemente casual. As súas averiguacións lévano a descubrir que a morte foi provocada e que nese lugar idílico e illado escuras cuestións políticas, intereses económicos (unha canteira) e disputas persoais conviven coa calma e tranquilidade dunha paisaxe/forma de vida que reflicte a calma. A súa prolongada estancia permitiralle tamén tomar contacto coas xentes sinxelas e traballadoras que defenden vivir na vila, cunha sarxento de policía, Carla, que lle axuda a resolver o misterio... e, coa súa propia vida, cun pasado familiar agochado que peta con forza para saír.
Destaca a forza dalgúns personaxes complexos, con luces cambiantes, atormentados... algúns penso que serían merecedores de protagonizar outra novela. 
É reseñable a ambientación/descrición perfectamente recoñecible do Courel ou as Terras de Lemos. Non adoitan ambientarse este tipo de temática novelística no rural. Outro mérito, penso, que a fai máis orixinal.

XXI Premio Risco de Creación Literaria. Edita  Dr Alveiros.