martes, 25 de xaneiro de 2022

CONCURSOS VARIADOS

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan o II Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia, destinado a alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio dos centros sostidos con fondos públicos. 

Poderase participar con vídeos en galego de temática relacionada con este itinerario e unha duración máxima de 5 minutos. Ademais de tres premios para os centros gañadores, outorgaráselle unha certificación de Premio de Innovación Educativa ao docente responsable dos traballos que acaden os galardóns. O prazo para solicitar a participación rematará o 28 de febreiro e a data límite de envío dos audiovisuais será o 31 de marzo de 2022. As bases:
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario