Outro ano máis, o EDLG do IES Río Cabe convoca o Concurso de Oratoria Improvisada. Durante todo o mes de marzo realizarase a selección dos finalistas en cada grupo.
Quen logrará chegar á final?
Outro ano máis, o EDLG do IES Río Cabe convoca o Concurso de Oratoria Improvisada. Durante todo o mes de marzo realizarase a selección dos finalistas en cada grupo.
Quen logrará chegar á final?
Este ano celebramos o Día de Rosalía por todo o alto!
Alumnado, profesorado, persoal non docente e familias do IES Río Cabe recitaron versos de Rosalía de Castro para conmemorar o seu día.
Entre as actividades desenvolvidas cómpre destacar a elaboración de murais con poemas de Rosalía e cos códigos QR que levan ás versións musicadas deses poemas. Ademais, algúns dos poemas da autora foron traducidos polo profesorado, alumnado e familias a algunhas das máis de 25 linguas que temos no noso instituto.
Tamén participaron os alumnos de Plástica de 4º da ESO coa súa profesora Cristina e unha alumna de BAC para facer os carteis e os retratos da autora.
Con todo iso, fixemos unha exposición na entrada do instituto, outra no exterior do centro e dous vídeos aos que se pode acceder nos enlaces que aparecen a continuación:
https://youtu.be/Xu7kds-Hlo4