venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro)

 

 

Este ano celebramos o Día de Rosalía por todo o alto!

Alumnado, profesorado, persoal non docente e familias do IES Río Cabe recitaron versos de Rosalía de Castro para conmemorar o seu día.

Entre as actividades desenvolvidas cómpre destacar a elaboración de murais con poemas de Rosalía e cos códigos QR que levan ás versións musicadas deses poemas. Ademais, algúns dos poemas da autora foron traducidos polo profesorado, alumnado e familias a algunhas das máis de 25 linguas que temos no noso instituto. 

Tamén participaron os alumnos de Plástica de 4º da ESO coa súa profesora Cristina e unha alumna de BAC para facer os carteis e os retratos da autora.  

Con todo iso, fixemos unha exposición na entrada do instituto, outra no exterior do centro e  dous vídeos aos que se pode acceder nos enlaces que aparecen a continuación: 

https://youtu.be/Xu7kds-Hlo4

 

 
 
 












Vídeo co recitado de poemas de Rosalía de Castro



Ningún comentario:

Publicar un comentario