O luns seguinte, o 25, alumnado de 2.º e 3.º de ESO do Club de brindos realizou unha boa mostra brindeira na Residencia de mariores do mesmo municipio, acompañados de alumnos do CEIP. Foi unha xornada moi enriquecedora para todos e todas!
O luns seguinte, o 25, alumnado de 2.º e 3.º de ESO do Club de brindos realizou unha boa mostra brindeira na Residencia de mariores do mesmo municipio, acompañados de alumnos do CEIP. Foi unha xornada moi enriquecedora para todos e todas!
O 25 de novembro, no IES Río Cabe reivindicamos o Día internacional contra a violencia de xénero, reivindicación que, ano tras ano, segue sendo, desgraciadamente, necesaria. Neste 2024, foran corenta as mulleres asasinadas ata o venres 22 de novembro. O propio luns 25 volveron saltar as alarmas e a prensa informaba dunha nova vítima de violencia de xénero, de tan só 15 anos.
Transformamos a entrada do centro coa finalidade de ofrecer un gran impacto visual e sentimental. Queriamos mover sensibilidades, facer reflexionar, e cremos que o conseguimos. O baleiro que deixas foi o nome desta actividade, que empregou dúas vertentes: por un lado, o recordo dos nomes, idades e causa da morte das corenta mulleres que perderon a vida a mans das súas parellas ou exparellas ao longo do 2040; por outro, sillas cubertas con lenzos brancos e con obxectos persoais de muller e nena facían fincapé en todo o que implica un asasinato: baleiro, lembranzas, soños rotos, desexos que non se cumprirán, vidas truncadas e vidas marcadas. Finalmente, o alumnado da ESO redactou frases que, a día de hoxe, seguen a ser moi necesarias e que completaron esta actividade.
No recreo, Demetrio, alumno de 2.º de bacharelato, leu unha sentida reivindicación e os profesores Xurxo e Nerea interpretaron o Negra sombra de Rosalía.
No blog da biblioteca podedes ver máis imaxes da actividades.
O pasado 21 de outubro conmemoramos no IES o día adicado ao cancro de mama, coa finalidade de visibilizar esa enfermidade e de apoiar a tan necesaria investigación. Leváronse a cabo dúas actividades fundamentais: por un lado, a composición dun gran lazo humano no pavillón do centro. Por outro lado, o alumnado de 1.º da ESO elaborou uns carteis para ofrecer información sobre esta enfermidade, carteis que estiveron todo o mes expostos nun dos corredores máis transitados: o da cafetaría!
O mes de outubro rematou, no noso IES, cunha chea de actividades tan variadas como tenebrosas. Deixámosvos unha mostra das mesmas:
- RELATOS DE SAMAÍN co alumnado de 2.º de ESO, en colaboración co Dpto. de LGL e seguindo unhas pautas ben inquedantes.
- BRINDOS DE MEDOS, co Club de brindos. No tempo de lecer os participantes improvisaron brindos de medo a partir de diferentes elementos que producen o dito sentimento (gañaron, sen dúbida, as arañas e as matemáticas).
- ORLA TERRORÍFICA coas emocións, en colaboración co Dpto. de Plástica. Neste espectacular traballo, os bocetos feitos polo alumnado relaciónanse cos nomes en galego das emocións representadas e coa explicación das mesmas.
- Concurso de disfraces
No mes de outubro tivo lugar na Biblioteca do centro un obradoiro de escritura creativa, levado a cabo pola profesora de Departamento de Lingua galega Sara Porrit e pola poeta Noa Moreiras.
Na primeira sesión, dirixida por Sara Porrit e titulada "Recunchos de letras" os alumnos de 3.º ESO elaboraron textos literarios de diversos xéneros litrerarios.
Na segunda sesión, guiada por Noa Moreiras, elaboraron poemas. Deixámosvos unha pequena mostra gráfica, mais poderedes ver máis imaxes da actividade no blog da biblioteca do centro.
Coma todos os anos, animámosvos a participar nos certames de creación literaria convocados por diferentes entidades. Neste momento están en prazo os LIII Premios literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela e o XIX Certame de Narración Curta do Concello de Curtis.
Animádevos!!
Coma sempre, podedes consultar as bases, ademais de no taboleiro do EDLG do centro, premendo nas imaxes:
Partipamos no XIII concurso de Narración oral Tíralle da lingua.
Podedes ver as bases premendo na seguinte imaxe: