Un ano máis, o EDLG e Bibliocabe, comezanmos decembro convocando o certame de postais de Nadal.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar.
Un ano máis, o EDLG e Bibliocabe, comezanmos decembro convocando o certame de postais de Nadal.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar.
Ás 11 horas reuniuse todo o alumnado do instituto na entrada do mesmo para conmemorar o Día Internacional contra a violencia contra as mulleres.
Un grupo de alumnas de 4.º de ESO leu un manifesto para recordar a visibilización que, desgraciadamente, continúa a precisar esta data. A lectura acompañouse do recordo dos nomes e idades de todas a mulleres asasinadas este 2025.
Catalina, 49; Andrea, 34; Marisa, 61;Dolores, 86; Marta, 2... E así ata 51 nomes femininos. E o ano aínda non rematou. A violencia contra as mulleres segue enchendo, neste 2025, os titulares semana tras semana, mes tras mes, ano tras ano. Como sociedade, non todo está en orde cando os asasinatos non nos sorprenden.
O 25 de novembro de 1960 asasinaron en República Dominicana ás irmás Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa. 65 años despois, o seu recordo segue vixente: cambian os nomes, cambian as idades, mais non cambia o motivo da súa morte: SER MULLERES.
A pesar dos avances conseguidos nas últimas décadas na loita pola eliminación da violencia contra a muller, os datos son desalentadores: a taxa da violencia de xénero en Galicia aumentou case un 10% con respecto a 2024 e os xulgados de violencia contra as as mulleres reciben unha media de 21 denuncias diarias. CASE UNHA POR HORA.
Dende o Instituto Río Cabe, este curso queremos visibilizar verbas tóxicas: son frases que poden presaxiar unha relación tóxica ou violenta. Comezos que poden rematar mal. Sinais de alerta que non debemos pasar por alto. Sinais de alerta que debemos ser quen de detectar. Para actuar. Para reducir ata a inexistencia a listaxe de feminicidios. Para que o próximo ano non teñamos nomes que recordar.
Alicia, 84; Marisol, 49; María, 28; Ainhoa, 19...
O alumnado de 4.º de ESO e 1.º de bacharelato asistiu hoxe ao teatro, actividade coordinada polo Departamento de Lingua Castelá e o EDLG.
A compañía Teatro baixo da area ofreceunos unha dramatización de Poeta en Nova York. Achegar a adolescentes a poesía de Lorca xa supón todo un desafío, un reto... e, neste caso, un éxito. A experiencia teatral fusionou todos os ingredientes posibles para calar no público: lírica, dramaturxia, música en directo (piano e baixo), bailes, xogos de luces, fume, auga, sorpresas, vangarda... e proximidade; a rapazada gozou da representación dende o propio escenario. Imposible non quedar fascinado; imposible non valorar o traballo artístico; imposible non deixarse levar; imposible non sentir a profundidade da simboloxía de Lorca, da riqueza da lingua, do poder da voz. Experimentaron, en propia pel, a catarse da que xa falaba Aristóteles e os desenganos que o autor granadino viviu e plasmou en Poeta en Nova York, sufrimentos que, case un século despois, seguen vixentes.
A dramaturxia comezou con “Jaleo, jaleo” e tres personaxes (Cinza, Forma e Traxe) fixeron un percorrido poético combinando acontecementos vitais de Lorca cunha coidada selección de versos de “La aurora”, “El rey de Harlem”, “Paisaje de la multitud que vomita”, “Fábula y rueda de los tres amigos” ou a “Oda a Walt Whitman” en lingua galega.
Trala representación, asistimos a un coloquio cos actores e músicos: varios alumnos e alumnas fixeron preguntas e todos logramos conectar o vivido no escenario con moitas situacións actuais: o capitalismo, o xenocidio, as formas de comportarnos, traxes que nos axudan a vivir, a necesidade de encaixar.
Como facer que as novas xeracións sintan un texto críptico e gocen do teatro? Sen dúbida, poñéndoos nas táboas. Cando a expresividade dun actor está a trinta centímetros da túa, é imposible non fascinarse.
Non foi Broadway en Times Square pero esta “Aurora” de Lorca non foi “sepultada por cadeas e ruidos”, senón por respecto e unha grande ovación. Agradecemos tamén, ao alumnado, o seu comportamento exemplar.
Este curso, o Samaín celebrouse por todo o instituto, con diversas actividades nas que participou todo o alumnado:
- O mural da entrada combinou unha homenaxe a Tim Burton,
coordinada pola profesora de educación Plástica, e cunha recompilación de medos inconfesables, irracionais, reais
ou fabulados...que da moito que pensar, e que temer!
- A columna da entrada encheuse de frases terroríficas,
algunhas profusamente ilsutradas.
-Organizouse un concurso de cabazas na entrada do centro
e un concurso de disfraces.
Boas a todos e todas!
Un curso máis, o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Río Cabe segue a traballar. Este curso comezaremos actualizando os datos sociolingüísticos do centro. Para elo, elaboramos catro enquisas e agradecemos a túa colaboración.
Recorda que son anónimas e breves (non roubaremos demasiado tempo porque queremos que sigas a colaborar con nós).
Gracias por colaborar!
Para participar, preme na ligazón correspondente:
O alumnado de 4.º de ESO preparou unha obra co obxectivo de recadar fondos para a viaxe de fin de etapa. A próxima semana representarana no centro. Farano xenial!
O xoves 22 celebramos as Letras Galegas, adicadas este ano á poesía popular oral, coa nosa III Foliada. O alumnado de 4.º da ESO encargouse da presentación, así como de recordarnos a importancia das homenaxeadas neste 2025, voces femininas. E é que as mulleres foron figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura. Tense dito, incluso, que as pandeireiras son símbolo de resistencia e sororidade. Cantadoras, tocadoras e bailadoras fortalecían o sentimento de grupo nas celebracións colectivas, seguramente non de todo conscientes da súa forza emocional e política. Se os gaiteiros ocupaban o espazo público, as pandeireteiras tocaban no espazo privado. Polo tanto, esta candidatura feminina para homanexear as nosas letras visbiliza un dobre ocultamento: o de xénero e o de literatura popular.
O alumnado de 4.º da ESO presentou a Foliada, que incluiu as eguintes actuacións:
- O alumnado de 1.º de ESO recitou varias coplas das pandeireteiras de Mens e una composición de Leilía.
- O alumnado de música de 2.º e 3.º de ESO ofreceunos unha sesión de batucada con instrumentos PAI reciclados.
- O alumnado do Club de Brindos recreou o ambiente da oralidade improvisada, tan noso e tan da terra.
- Un grupo de profesores amosaron dous agarrados tradicionais e dúas pezas tocada coa gaita.
Rematamos a Foliada cunha sesión de música tradicional. Agardamos que o pasarades ben!
Un ano máis, o alumnado de 1.º e 2.º de ESO participou na décimo oitava edición do Correlingua, marcha na defensa da nosa lingua que este ano contou coa presenza da actriz e clown Isabel Risco e coa actuación musical de Mekánika Rolling Band. Estivo presente tamén Iria Castro, deputada provincial de Lugo que repartiu diplomas aos centros participantes, que congregaron a alumnado non só de Monforte de Lemos (IES Río Cabe, IES Daviña Rei, IES A Pinguela, CEIP A Gándara e CEE Infanta Elena), senón tamén de Chantada (IES Val do Asma) e A Rúa (IES Cosme López Rodríguez).
O tempo acompañou nesta xornada coa que inauguramos o mes das flores e o mes das nosas Letras. O curso que ven, agardamos poder repetir!
O xoves 24 de abril, o alumnado gañador do Concurso de Oratoria Improvisada do noso centro desprazouse ata O Barco de Valdeorras. Alí tivo lugar a Final Intercentros de dito concurso na que participaron, ademáis dos nosos estudantes, alumnos e alumnas do IES Xograr Afonso X de Sarria e do IES Martaguisela do Barco, centro que, nesta ocasión, foi sede do evento.
Neste pequeño festival
da palabra o alumnado debía falar durante un minuto sobre unha palabra
escollida ao chou. Pode parecer pouco tempo, pero é un reto de creatividade,
habilidade verbal, improvisación e control dos nervios. Dicía Oscar Wilde que
non existe unha segunda oportunidade para unha primeira impresión e iso é o que
acontece neses sesenta segundos nos que apenas hai cabida para enmnedar. Con
todo, os participantes amosaron unha vez máis o seu dominio da escena e
conquistaron ao público presente, entre o que se atopaba o Xefe Territorial da
Consellería de Educación de Ourense, Jorge Rubén Sanpedro, a Coordinadora
Provincial de Política Lingüística de Ourense, Manoli Maseda, e a Concelleira
de Cultura do concello do Barco, Marga Pizcueta. O xurado, integrado por
profesoras dos tres centros de ensino participantes, tampouco o tivo doado e,
tras unha moi axustada calificación, acordou premiar aos seguintes mozos e
mozas:
Categoría
de 1.º e 2.º de ESO:
- Xulia Pombo (IES
Xograr)
- Darío Núñez (IES
Martaguisela)
- Helena González (IES
Xograr)
Categoría
de 3.º e 4.º de ESO:
- Miguel Rois (IES Río
Cabe)
- Verónica Caplea (IES
Río Cabe)
- Valentín González
(IES Martaguisela)
Categoría
de Bacharelato:
- Anxo Sobrado (IES
Xograr)
- Demetrio González
(IES Río Cabe)
- Mario Prada (IES
Martaguisela)
Tralo concurso, todos os finalistas realizaron unha visita guiada pola vila, desfrutando do Malecón da arte, do casco vello e de Viloira, compartiron un xantar de confraternidade e, pola tarde, gozaron da espectacular vista da zona dende a Torre do Castro e visitaron o Pazo do Castro, unha construcción do século XVII que hoxe en día funciona como Hotel-Monumento e cuxo interior é unha xoia do pasado que pervive entre os viñedos valdeorrenses. Foi, pois, unha xornada moi completa na que o noso alumnado se fixo con tres dos nove premios outorgados. Parabéns!
O mércores 19, o alumnado de 2.º de bac tivo oportunidade de escoitar a Olga Novo, Premio nacional de poesía, que estivo no noso centro.
No IES Río Cabe, este ano recordamos o Día de Rosalía cunha actividade de Black Poetry (poesía revelada): a partires de textos da autora, o alumnado creou novas composicións e acompañounas de ilustracións e de códigos QR que remiten ao texto orixinal e a versións musicadas dos mesmos.
Noraboa polo traballo!
Xa temos os gañadores da final de Oratoria improvisada.
Próxima fase... no IES Martaguisela! Noraboa a todos os participantes.
Imaxes da actividade, AQUÍ.
O venres 21 de febreiro tivo lugar, no salón de actos do
noso centro, a final de Oratoria Improvisada 2025. Tras una selección previa
realizada aula a aula, doce alumnos de cada nivel dispoñían dun minuto para
falar dunha palabra escollida ao chou de entre unha selección previa. Os tres
con mellor puntuación en de cada nivel, clasificaranse para a final intercentros,
que este curso terá lugar a mediados do mes de abril no IES Martaguisela do
Barco de Valdeorras. Foi un final de semana moi divertido e moi creativo, onde
os nosos grandes oradores ofreceron a súa particular visión de verbas como arroaz, chícharo ou peliqueiro.
Nesta ligazón, podedes ver imaxes da actividade.
Deixámovos, en primicia, as pautas do noso MECO. Pasarémolo xenial!
Do 14 ao 21 de febreiro celebramos a semana do amor e da amizade. A entrada do centro cubriuse de corazóns cheos de mensaxes de amor e de cartas escritas por estudantes de todos os niveis do centro. Ademáis, situouse a ventá dos brindos, na que se podían encargar brindos de calquera tema. Canta arte e canto talento temos entre estas paredes!