venres, 11 de decembro de 2020
A PALABRA DO ANO.
xoves, 10 de decembro de 2020
venres, 27 de novembro de 2020
O galego na miña vida | Ángel Carracedo | LGx15
martes, 24 de novembro de 2020
25 DE NOVEMBRO. INVISIBLES. Relatos do maltrato.
Invisibles. Relatos de maltrato son 7 relatos curtos, que teñen a forza directa do cotidiano e común, coa dor que pechan as historias que mancan forte, coa violencia do desprezo da palabra que ultraxa, que fire ou do puño que golpea e bate... 7 historias reais escritas por Montse Fajardo (editadas en Edicións Matriarcas) e que sen dúbida logran impactar.
Son invisibles moitas mulleres que sofren distintos tipos de maltrato como tamén o son, desgraciadamente, moitos maltratadores que exercen o seu poder dun modo progresivo e agobiante pero tamén invisible, ás veces, para os que podan observalos. Mestres da manipulación e da violencia, ademais do forte control emocional... poden exercer terror sobre a vítima e moitas veces tamén á familia que soporta esta eiva.
Un texto duro, uns relatos impactantes... Un bo modo de reflexionar despois da lectura sobre a prevención dunha difícil realidade que pode afectar a calquera muller. Tamén son estas páxinas unha chamada a protexerse, detectar os primeiros síntomas para cortalo e chegado o caso ter o valor de denunciar e lograr recuperar as ansias de vivir en liberdade.
sábado, 14 de novembro de 2020
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Novembro é o mes da Ciencia en galego, nese contexto podedes acceder a 16 Vídeos de Ciencia en galego. Un exemplo deles é esta reflexión sobre as "Invasións biolóxicas" sintetizada nesta didáctica presentación:
Neste ENLACE tamén atoparedes interantes vídeos sobre xeoloxía de Galicia. Unha mostra do traballo de Xacobo de Toro en XeoClip é a seguinte:
mércores, 4 de novembro de 2020
QUE VICHES NO GALEGO QUE CHE INTERESE TANTO?
venres, 30 de outubro de 2020
FILMES GALEGOS PARA VER EN DEFUNTOS E CONXUROS CONTRA A COVID
A pandemia seguro que fará que este ano vivamos dun modo distinto estas datas nas que recordamos ós defuntos. Neste enlace (de praza.gal) accederedes a 20 filmes galegos para ver estes días...
Tamén podedes ler algún dos conxuros que o alumnado fixo para "escorrentar" o COVID.
luns, 26 de outubro de 2020
REGUEIFAS NA BIBLIOTECA
Este curso (para continuar coa tradición de traballar nun Obradoiro coas regueifas) organizouse, de modo conxunto coa Biblioteca do centro e Vicedirección, unha xornada na que o alumnado de 3ºESO aprendeu da regueifeira Ana María Rodríguez (cantante e improvisadora oral galega e colaboradora co Proxecto "Regueifista" para introducilas no ámbito educativo).
Improvisación, xogo, ironía, humor... encheron de imaxinación e de versos a xornada do 23 de outubro.
Podedes ver os vídeos da actividade, realizados na Biblioteca.
xoves, 22 de outubro de 2020
BENVIDOS Ó BLOG DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO RÍO CABE
- BALBORDO XUÑO.PROFESORES, PAIS...
- A PALABRA DO ANO.
- VISITA, COÑECE, PARTICIPA... (1)
- BALBORDO MARZO. LOUSAS. XOSÉ MANUEL MARCOS
- FALAMOS DE SEIQUE CON SUSANA SÁNCHEZ ARINS
- Parabéns!
- 25 DE NOVEMBRO. NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.
- DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO.
- QUE VICHES NO GALEGO QUE CHE INTERESE TANTO?
- COÑECES GALICIA (10)?