mércores, 22 de decembro de 2021

BO NADAL

O Equipo de Normalización Lingüística únese á iniciativa proposta  polo Equipo da Biblioteca (Nadal en clave feminina) para adornar á árbore con lecturas de Nadal. Nas tarxetas, elaboradas e decoradas polos rapaces, aparecen obras de diferentes autoras.

Desexámosvos  unhas boas vacacións.






luns, 13 de decembro de 2021

A PALABRA DO ANO 2021

 No Portal das Palabras podedes votar a palabra do ano 2021 entre estas finalistas.

COADA

GROMO

RESILIENCIA

TANXUGUEIRAS

VACINÓDROMO



A elixida foi TANXUGUEIRAS polo nome do grupo que poderá participar no Festival de Eurovisión

Podedes ver neste enlace as palabras gañadoras de anos anteriores

venres, 10 de decembro de 2021

10 DE DECEMBRO. DEREITOS HUMANOS

 

Impresionante Álbum, escalofriante texto, impactantes imaxes... Moi gráfico.
A caixa de cartón na que unha nai deposita á súa filla de nena convírtese no berce, nas paredes, no fogar. Logo nai e filla emigran buscando un mundo mellor. Chegan e non atopan axuda. Unha gran caixa de cartón é a súa vida, a miseria na que tamén hai espazo para sorrir. E logo do horror e a incomprensión unha nova vida para a nena, na que outra caixa de cartón terá o significado do recordo e da esperanza.

xoves, 25 de novembro de 2021

25 DE NOVEMBRO. NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

Neste curso, por iniciativa do Departamento de Francés (e coa colaboración do Equipo TIL, Biblioteca, Normalización Lingüística e diferentes departamentos) o alumnado elaborou variados marcapáxinas para ilustrar este problema. 

O obxectivo era reflexionar sobre a violencia de xénero e compartir cos demais as frases, lemas, debuxos... que libremente plasmaron. 

Déoxovos estas duras imaxes, que penso sintetizan visualmente unha dura realidade que desgraciadamente é noticia. 


Na entrada do centro hai un panel cos marcapáxinas elaborados.



venres, 5 de novembro de 2021

OBRADOIRO "ISABEL ZENDAL" EN 1º ESO



O pasado día 4 o alumnado de 1º ESO participou nunha actividade organizada por Normalización Lingüística e o Dpto de Bioloxía do centro. O Obradoiro, sobre Isabel Zendal e Ángeles Alvariño,  foi impartido por Fátima e abordou temas variados de bioloxía: os virus, as bacterias, a actuación das defensas no noso organismo...
Un modo lúdico de aprender.

venres, 29 de outubro de 2021

TERROR...

Na Biblioteca do centro propúxose a elaboración de curtametraxes de terror ou a creación dun guión para o 1 de Novembro.
En Normalización Lingüística sumámonos á proposta e animámosvos a participar
Déixovos estas imaxes inquietantes... Serven de inspiración?

Sheila e Sara, de 1BAC, fixeron as seguintes propostas:













luns, 18 de outubro de 2021

COLABORACIÓN ... AS CORES DO OUTONO VII EDICIÓN


 O pasado domingo 17 de outubro, unha alumna do noso centro (Ximena López Aparici de 3ºESO) colaborou coa proposta Cores de Outono VII Edición celebrado na Pobra do Brollón, recitando un poema de elaboración propia e outro de Xela Arias. 


Noraboa á organización e participantes na iniciativa!

sábado, 19 de xuño de 2021

ORATORIA IMPROVISADA BAC.

 


O venres 11 tivemos no Río Cabe a final do Concurso de Oratoria de Bacharelato.

Despois dunha interesantísima participación e implicación do alumnado, os resultados foron os seguintes:

-1º Premio Saúl Fajardo (1ºA )

-2º: Manuel Díaz (1º A BAC)

-3º Rebeca Varela (1º B BAC)

A actividade foi organizada por Normalización Lingüística e o Dpto de L. galega.

RESULTADOS CONCURSO DE ORATORIA IMPROVISADA. ESO

 

O pasado xoves 10 tivo lugar, no Salón de Actos, a final do Concurso de Oratoria improvisada do 1º e 2º Ciclo da ESO. 

Por limitacións do aforo só estiveron presentes os que chegaron á final (un total de 32 alumnos que previamente concursaran en cada clase).

Foron escoitados con total atención por parte dos presentes na sala.

O primeiro premio foi para:

-Sabela López Mariño (de 2º A).

 O 2º:

- Alla Castro de la Fuente (1ºB) 

O 3º premio conseguiuno 

-Iara Rodríguez González (2ºB).

No caso de 2º Ciclo da ESO quedaron finalistas:

-1º Premio: Salma Díaz Pizarro (3ºB ESO)

-2º: Ariadna Valdés Fernández (4ºC)

-3º Miguel Vega López (4º A)

Foi unha estupenda experiencia na que o alumnado demostrou a súa capacidade de improvisación, imaxinación... ¡Noraboa!

martes, 15 de xuño de 2021

RUTA UXÍO NOVONEYRA. ALUMNADO 1ºESO.


En colaboración con distintos Departamentos (Educación Fsica, Bioloxía, L. galega) e Normalización Lingüística organízase, dende hai anos, un percorrido pola Ruta Uxío Novoneyra



O alumnado de 1ºESO  visitou diferentes lugares do Courel 
Na aldea de Parada, por exemplo, coñeceron a casa do escritor.





Foi unha ocasión para ler algún poema...


Despedir o curso escolar e saber máis sobre o Poeta do Courel




venres, 21 de maio de 2021

Música para o Día das Letras

O grupo "Caralludos do Río Cabe" foi o encargado de poñer unha nota de música e de poesía para celebrar o 17 de maio. Debido ás limitacións de espazo, Xurxo, Adrián, Paula, Ariadna, Iago e Antón actuaron 4 veces para que todo o alumnado do Río Cabe tivese a oportunidade de participar nalgunha das actividades pensadas para recordar a Xela Arias.
Á saída da actuación  repartíronse poemas variados da autora.



 


mércores, 12 de maio de 2021

UNHA EXPOSICIÓN SOBRE XELA ARIAS NA BIBLIOTECA





Do 11-17 diferentes grupos acudiron á Biblioteca para visitar a Exposición Itinerante sobre Xela Arias, que podedes ver nas imaxes anteriores. 


Estes paneis foron elaborados polo Colectivo Egeria.

Os diferentes soportes permitiron achegarse á biografía de Xela. Os alumnos falaron sobre datos alí expostos, leron algún poema, tamén dos adicados á homenaxeada no Día das Letras 2021..., e atenderon ás explicacións que o seu profesorado lles proporcionou para saber máis dela e da súa obra.


 

Nas portas das aulas e en diferentes lugares do centro colocáronse diferentes poemas para  que a lectura dos seus textos fixera máis próxima a súa voz.




luns, 8 de marzo de 2021

XELA ARIAS...

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de abrir, no Portal da Lingua Galega, un novo espazo sobre Xela Arias, a escritora que será homenaxeada o Día das Letras 2021: 

Tamén hai unha exposición, que será itinerante: "Aquela nena de Sarria. Xela Arias".

Axunto o cartel (copiado de dita páxina):

VII XORNADAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS

Neste enlace atoparedes información para poder participar, de modo virtual, as tardes do 22 ó 29 de abril e do 5 e 13 de maio.

Programa.

martes, 16 de febreiro de 2021

LOIS PEREIRO, NA MEMORIA.

 O poeta naceu un 16 de febreiro... e este ano é o  25 aniversario da súa morte.

Ximena López Aparici, de 2º C Eso, recita na Biblioteca un poema do autor.


Nina González López, de 2º BAC C tamén nos leva ó recordo dos seus versos .


Estas alumnas tamén colaboraron, co seu recitado, na actividade organizada polo Ateneo Casino de Monforte en homenaxe a Lois Pereiro.

domingo, 14 de febreiro de 2021

14 DE FEBREIRO. UN POEMA DE A. GARCÍA TEIJEIRO... E CALIGRAMAS.

 Sen ti

Voz sen verbas: 

silencio

Mar sen auga: 

deserto

Sol sen raios : 

misterio

Luz sen brillo:

 coitelo

Man sen man: 

un berro

Dor sen laios: 

o tempo

Eu sen ti: 

inferno

Antonio García Teijeiro, Na fogueira dos versos






venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ. 30 DE XANEIRO

 


Nun ano no que tanto temos que abrir as xanelas, deixamos nestas unha mensaxe de paz.


PAZ
(Fátima Solaz. 2ºESO) 

  PAZ


(Andrea Barreiro.)

PAZ

venres, 22 de xaneiro de 2021

ORATORIA IMPROVISADA.

Xa estamos facendo o concurso de oratoria improvisada nos distintos grupos. 

É unha interesante actividade que comezou hai varios anos e na que o alumnado enche de creatividade un minuto de tempo co vocablo que lle toca defender.

Animádevos a participar!

mércores, 20 de xaneiro de 2021

VIDEOPOEMAS SOBRE ROSALÍA E MANUEL MARÍA. CONCURSO CASA MUSEO MANUEL MARÍA

 A Casa Museo Manuel María convoca o IV Concurso de videopoemas sobre Rosalía e Manuel María.

As bases poden consultarse no enlace: Casa-Museo Manuel María (casamuseomanuelmaria.gal)

O prazo remata o 26 de marzo.

Animádevos! No noso centro xa  participamos noutras ocasións en varias actividades convocadas.