O grupo "Caralludos do Río Cabe" foi o encargado de poñer unha nota de música e de poesía para celebrar o 17 de maio. Debido ás limitacións de espazo, Xurxo, Adrián, Paula, Ariadna, Iago e Antón actuaron 4 veces para que todo o alumnado do Río Cabe tivese a oportunidade de participar nalgunha das actividades pensadas para recordar a Xela Arias.
Á saída da actuación repartíronse poemas variados da autora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario