A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) patrocina a XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas para o bienio 2022-2023, encamiñada a realizar pescudas sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico nos centros educativos sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de educación primaria, ESO ou bacharelato. As candidaturas remitiránselle á Fundación Antonio Fraguas Fraguas ata o 20 de maio de 2022. Tedes toda a información aquí:
Ademais, o IES Arcebispo Xelmírez I e a SXPL convocan a décima edición do Certame de Banda Deseñada AXI, aberta á participación de estudantes de ensinanza secundaria, bacharelato e ciclos formativos de toda Galicia co gallo de fomentar a lingua galega e a creatividade a través da banda deseñada. O prazo para presentar os traballos remata o 30 de xuño. Podedes ver as bases en:
Alén das convocatorias anteriores, animámosvos a todos, profesorado e alumnado, a que vos sumedes ás votacións dos Premios aRi[t]mar 2022, un concurso en liña convocado pola EOI de Santiago de Compostela, en colaboración coa SXPL, para difundir a música e a poesía de Galicia e Portugal. Ata o 20 de marzo tedes a oportunidade de escoller entre as dez cancións galegas e as dez portuguesas finalistas. Para escoitalas e votar, ide a:
Por outra banda, o Museo do Pobo Galego, dentro da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) ) ofrécevos a MICE Petís 2022, a súa programación para infantil e primaria. Trátase de sesións de cinema, presenciais ou virtuais, dunha selección de filmes realizada por Olloboi. Para consultardes esta e outras propostas que teñen, accedede á seguinte ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario