xoves, 19 de decembro de 2024

Encontros con escritores. Manuel Vázquez

 O mércores 18 de decembro contamos no noso centro coa visita do escritor Manuel Vázquez coa conferencia "A vangarda está na Aldea". Trátase dunha actividade ofertada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Moi dinámico, Manuel falou co alumnado de 2.º de bacharelato e 3.º de PDC sobre prexuízos lingüísticos, a cultura labrega, a diversidade cultura e as vangardas.

martes, 17 de decembro de 2024

Certame de postais de Nadal. Gañadores 2024

 Xa temos as postais gañadoras do Certame deste curso académico. 

O primeiro e o segundo premio son creacións de dúas alumnas de 2.º de bacharelato. O terceiro premio é doble, xa que houbo dúas postais que acadaron a mesma puntuación, unha dunha alumna de 3.º de ESO  e outra dunha alumna de Nocturno. Finalmente, o premio á mellor postal con texto en galego quedou en 1.º de ESO. 

Deixámosvos unha imaxe das postais gañadoras. Agardamos que vos gusten tanto como a nós!

O terceiro premio é dobre, xa que houbo dúas postais que acadaron a mesma puntuación: a primeira estampa, en branco e negro, é autoría dunha alumna de nocturno; a segunda, cunha xenial persepctiva, dunha alumna de terceiro de ESO. 

 

O segundo premio recaeu nunha alumna de 2.º de bacharelato, que nos ofreceu esta fermosísima ilustración clásica.



A postal gañadora foi esta orixinal fachada, na que se reflicten diversas esceas cotiás do Nadal. A marabilla é otra doutra das nosas alumnas de 2.º de bacharelato.


Finalmente, esta doce Campanilla, obra dunha alumna de 1.º de ESO, acadou o galardón  a postal en Lingua galega.



Parabéns a todas!!

xoves, 12 de decembro de 2024

Galegoza!

 Do 5 ao 19 de decembro, temos no noso IES a mostra sobre música en galego Galegoza!, excelente labor de divulgación organizada porla Deputación de Lugo. Podedes ver imaxes da mesma na web do IES, pinchando aquí

Para achegar ao noso alumnado á esta opción de lecer, dende o EDGL organizamos unha actividade na que deben atopar informaión nos carteis da mostra, ubicados na entrada do centro e no corredor da cafetaría. Que mellor xeito de rematar o ano que coa nosa música! 






Colaboración co Instituto da Lingua Galega e ao Centro de Investigación Ramón Piñeiro

Os próximos días, en colaboración co Instituto da Lingua Galega e o Centro de Investigación Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, o alumnado de 4.º da ESO participará un proxecto de investigación sobre o estudo do léxico habitual entre a mocidade. 



         



Contacontos Festival de Nadal.

 O próximo venres 13 de decembro, e froito dunha inciativa do noso alumnado de 3.º de ESO, celebrarase no pavillón do IES Río Cabe un Festival solidario con Valencia, cuxo obxectivo é recoller xoguetes para, en colaboración con Escola Valenciana, enviar ás familias afectadas pola DINA. Dende o EDLG, organizamos un contacontos que levarán a cabo dúas alumnas de 3.º de ESO. Seguro que será un éxito!





Pasado o día, podemos dicir que o noso Contacontos foi un éxito. A historia era fermosísima, as nosas alumnas fixérono xenial e os cativos aplaudieron entusiasmado. Deixámosvos unha imaxe do momento, no que Naiara e Dhaiana acompañan o seu relato coas fermosas ilustracións do libro original. Grazas!



mércores, 4 de decembro de 2024

Certame de postais de Nadal 2024

 Un ano máis, o EDLG e a Biblioteca do IES Río cabe convocamos o certame de postais de Nadal. Exporanse na entrada do centro e a máis votada será a felicitación oficial do noso centro educativo. 

Podedes ver as bases a continuación.



Encontros con escritores

O venres 29 de novembro tivemos no IES Río Cabe ao escritor Carlos Quiroga, nun encontro ao que asistiu o alumnado de 1.º e 2.º de bacharelato.  

 

 

 

 



 

xoves, 28 de novembro de 2024

Club de brindos. Encontro interxeracional


 Os días 21 de novembro, alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de ESO do Club de brindos e improvisación do noso IES, acompañados da profesora Sara Porrit, visitaron o CEIP Plurilingüe da Pobra de Brollón para amosar as súas habilidades aos máis cativos.

O luns seguinte, o 25, alumnado de 2.º e 3.º de ESO do Club de brindos realizou unha boa mostra brindeira na Residencia de mariores do mesmo municipio, acompañados de alumnos do CEIP. Foi unha xornada moi enriquecedora para todos e todas!

 

 


 




mércores, 27 de novembro de 2024

25 N. O baleiro que deixas.


 O 25 de novembro, no IES Río Cabe reivindicamos o Día internacional contra a violencia de xénero, reivindicación que, ano tras ano, segue sendo, desgraciadamente, necesaria. Neste 2024, foran corenta as mulleres asasinadas ata o venres 22 de novembro. O propio luns 25 volveron saltar as alarmas e a prensa informaba dunha nova vítima de violencia de xénero, de tan só 15 anos. 

Transformamos a entrada do centro coa finalidade de ofrecer un gran impacto visual e sentimental. Queriamos mover sensibilidades, facer reflexionar, e cremos que o conseguimos. O baleiro que deixas foi o nome desta actividade, que empregou dúas vertentes: por un lado, o recordo dos nomes, idades e causa da morte das corenta mulleres que perderon a vida a mans das súas parellas ou exparellas ao longo do 2040; por outro, sillas cubertas con lenzos brancos e con obxectos persoais de muller e nena facían fincapé en todo o que implica un asasinato: baleiro, lembranzas, soños rotos, desexos que non se cumprirán, vidas truncadas e vidas marcadas. Finalmente, o alumnado da ESO redactou frases que, a día de hoxe, seguen a ser moi necesarias e que completaron esta actividade.

No recreo, Demetrio, alumno de 2.º de bacharelato, leu unha sentida reivindicación e os profesores Xurxo e Nerea interpretaron o Negra sombra de Rosalía. 














No blog da biblioteca podedes ver máis imaxes da actividades.

Efemérides. Cancro de mama

 O pasado 21 de outubro conmemoramos no IES o día adicado ao cancro de mama, coa finalidade de visibilizar esa enfermidade e de apoiar a tan necesaria investigación. Leváronse a cabo dúas actividades fundamentais: por un lado, a composición dun gran lazo humano no pavillón do centro. Por outro lado, o alumnado de 1.º da ESO elaborou uns carteis para ofrecer información sobre esta enfermidade, carteis que estiveron todo o mes expostos nun dos corredores máis transitados: o da cafetaría!













martes, 19 de novembro de 2024

Samaín


 O mes de outubro rematou, no noso IES, cunha chea de actividades tan variadas como tenebrosas. Deixámosvos unha mostra das mesmas:

- RELATOS DE SAMAÍN co alumnado de 2.º de ESO, en colaboración co Dpto. de LGL e seguindo unhas pautas ben inquedantes. 

- BRINDOS DE MEDOS, co Club de brindos. No tempo de lecer os participantes improvisaron brindos de medo a partir de diferentes elementos que producen o dito sentimento (gañaron, sen dúbida, as arañas e as matemáticas). 

- ORLA TERRORÍFICA coas emocións, en colaboración co Dpto. de Plástica. Neste espectacular traballo, os bocetos feitos polo alumnado relaciónanse cos nomes en galego das emocións representadas e coa explicación das mesmas. 

- Concurso de disfraces










Podedes ver máis imaxes desta actividade na web do IES e na web de Bibliocabe (pincha aquí para ver máis imaxes dos relatos e aquí para ver máis imaxes da orla terrorífica que, inspirada nas pinturas negras de Goya, é unha auténtica marabilla). 



mércores, 13 de novembro de 2024

Obradoiro de escritura creativa

 No mes de outubro tivo lugar na Biblioteca do centro un obradoiro de escritura creativa, levado a cabo pola profesora de Departamento de Lingua galega Sara Porrit e pola poeta Noa Moreiras.

Na primeira sesión, dirixida por Sara Porrit e titulada "Recunchos de letras" os alumnos de 3.º ESO elaboraron textos literarios de diversos xéneros litrerarios. 

Na segunda sesión, guiada por Noa Moreiras, elaboraron poemas. Deixámosvos unha pequena mostra gráfica, mais poderedes ver máis imaxes da actividade no blog da biblioteca do centro


 




Certames de creación literaria

Coma todos os anos, animámosvos a participar nos certames de creación literaria convocados por diferentes entidades. Neste momento están en prazo os LIII Premios literarios Minerva, organizados  polo Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela e o XIX Certame de Narración Curta do Concello de Curtis. 

Animádevos!!

Coma sempre, podedes consultar as bases, ademais de no taboleiro do EDLG do centro, premendo nas imaxes:




XIII Tíralle da lingua

 Partipamos no XIII concurso de Narración oral Tíralle da lingua. 

Podedes ver as bases premendo na seguinte imaxe:

 


 

 

xoves, 16 de maio de 2024

LUISA VILLALTA PERCORRENDO MONFORTE

 

 

 



O 16 de maio  de 2024, co gallo do Día das Letras Galegas, decidimos homenaxear a Luisa Villalta compartindo con todos os monfortinos e monfortinas os seus versos.

Esta actividade, organizada polo EDLG en colaboración coa Biblioteca, o Dpto de Lingua Galega, e o Dpto. de Plástica pretende dar continuidade á iniciativa comezada o Día de Rosalía  cos poemas desta autora.

Nos distintos carteis combínanse os poemas de Luisa Villalta cos códigos QR que dan acceso á música dalgunhas das súas cancións.

Cómpre darlle ás grazas, polo seu traballo  ás profesoras Pilar López e Sara Porrit; así coma á alumna Nerea S. (1º BAC) polos retratos da autora.