O venres 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia, en colaboración coa Biblioteca, o Dpto. de Plástica e as titorías. As semanas previas, o alumnado de toda a ESO traballou vocabulario relacionado coa paz e a non violencia que plasmou nun exército de pombas que, na entrada do centro, voan debuxando o símbolo da paz. Hoxe, ás 11:00 horas, o alumnado da ESO reuniuse para conmemorar este día e dúas alumnas de 4.º de ESO A, Estefanía e Delia, leron un texto elaborado polos seus compañeiros de 4.º de ESO C, un escrito no que empregaron moito dese léxico que, esta semana, da a benvida á todo aquel que entra no centro.
Deixámovos un fragmento do texto elaborado polo alumnado:
O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e da Non Violencia. Dende o IES Río Cabe queremos expresar, un ano máis, a necesidade de visibilizar algo que, nun mundo ideal, non debería ser necesario. Cada vez son máis os titulares que inundan a nosa vida para recordarnos continuamente o momento convulso en que vivimos: violencia institucional, violencia vicaria, violencia dixital, violencia psicolóxica, violencia económica, violencia laboral… Son tamén milleiros os conflitos bélicos existentes no noso planeta: franxa de Gaza, Pakistan e India, EEUU e Venezuela, Rusia - Ucraína, Sudán, República Democrática do Congo…
Este curso, os estudantes da ESO propoñemos un Alfabeto pola Paz, cheo de verbas que contribúan á convivencia pacífica para un mundo mellor, máis amable, máis tranquilo, máis cooperativo… En definitiva, menos malo.
Queremos vivir en harmonía e estabilidade.
Con sinceridade e sosego, repecto e amabilidade.
Rodeados de amizade, reunións, familia, amor e afecto.
Que a nosa convivencia promova o noso benestar, superando os conflictos con apoio e empatía.
Respectando os dereitos humáns. Poñemos, dende aquí, a nosa semente de paz.










Ningún comentario:
Publicar un comentario