O vernes 15 de maio celebramos a IV Foliada das Letras, este ano centrada na figura de Begoña Caamaño. Por mor do tempo, a actividade realizouse no ximnasio, e combinou as letras e a música. O alumnado dos diferentes cursos da ESO leu fragmentos da vida e obra da autora e os grupos de alumnado de música interpretaron as seguintes pezas: "Himno galego", "Rumba do Carizo" e "O son do Ar". Ademais, entregáronse os premios do concurso do Día do Libro e rematou a xornada co grupo dos Tradirrecreos bailando "Baiuca-Caroi feat. Aliboria" e cunha foliada colectiva.
Literatura, música e cultura foron da man, un ano máis, nesta data especial no noso centro. Xa estamos agardando a próxima!
Na web do IES, podedes ver a galería de imaxes da actividade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario