Co gallo do Día das Letras Galegas fixemos unha exposición na entrada do IES Río Cabe.
Os alumnos de Expresión Artística de 4º da ESO e a súa profesora Silvia fixeron varios trípticos alusivos á lingua e un retrato da autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta.
Tamén escollimos unha pequena mostra da exposición de poemas “Luisa Villalta percorre Monforte de Lemos" e a exposición proporcionada por Dinamización.
E, para rematar, expuxemos algúns dos poemas presentados ao Concurso de microrrelatos Letras Galegas 2024, que se fallará o día da Foliada Literaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario