II FOLIADA DAS LETRAS 2024
Este ano celebramos polo alto o Día das Letras Galegas Galegas no IES Río Cabe.
Como xa se vén facendo dende o curso pasado, festexámolo coa II FOLIADA DAS LETRAS, onde se mesturan recitado de poesía, música, baile e este ano, brindos…
Comezamos coa actuación dun grupo de gaitas e pandeiretas de alumnos e alumnas de 1º de BAC, acompañados por algúns profesores.
Seguimos coa biografía de Luísa Villalta, a homenaxeada este ano, a cargo de Demetrio e Ximena de 1º de BAC.
Despois, os alumnos de Música de 2º, 3º e 4º de ESO, dirixidos pola súa profesora Silvia bailaron dous pasodobres con muiñeira corrida.
Deseguido, actuación do Dúo Periférico, cunha sorpresa: actuación do Grupo de brindos do IES Río Cabe.
E, para rematar, a entrega de premios do Concurso de microrrelatos Letras Galegas 2024, con dous gañadores en cada categoría. Na categoría de 1º, 2º, e 3º de ESO os gañadores foron Naira Mariño Serrai (2ºAESO) e África García Guitán (2º B ESO); e na categoría de 3º ESO, 1º e 2º BAC os gañadores foron Carmen López Fernández (1ºB BAC) e Manuel Augusto Alcántara Macías (1º A BAC).
Unha selección dalgúns momentos:
Grupo de alumnos/as de 1º de BAC e algumha profesoras…
Os alumnos de Música de 2º, 3º e 4º ESO preparados para o obradoiro de baile…
Un dos grupos do centro -participaron todos- recitando poemas de Luísa Villalta.
Actuación do Dúo Periférico cos alumnos do Grupo de brindos do IES Río Cabea compañados da súa profesora do obradoiro de brindos, Sara Porrit.
Actuación do Grupo de brindos do IES Río Cabe
O director do IES Río Cabe e a coordinadora de Dinamización fanlle entrega aos gañadores do Concurso de microrrelatos Letras Galegas 2024 dos diplomas e agasallos: entre outros, unha bolsa conmemorativa do Día das Letras cos versos de Luísa Villalta incluídos nos microrrelatos, deseñada pola profesora Sara Porrit.
Ningún comentario:
Publicar un comentario