luns, 18 de decembro de 2023

Que é para ti o Nadal?

 

 
Actividade organizada polo EDLG en colaboración co TIL e a Biblioteca. Trátabase de que todos os alumnos/as da ESO e de BAC escribisen nunha palabra, nunha frase, nun poema... que era para eles o Nadal.
 Esta actividade fíxose principalmente en galego, aínda que algúns profesores de Inglés, Francés, latín... (participante no TIL) a fixeron nestas linguas e dende as titorías propiciouse que algúns alumnos/as que posúen linguas nai diferentes (ucraíno, árabe, ruso..) o fixeran na súa propia linugua.
Despois, expúxose na entreda do instituto.

   

                                                












luns, 23 de outubro de 2023

Xornada Micolóxica no IES Río Cabe

No IES Río Cabe queremos celebrar a chegada do outono coa I Xonada Micolóxica no IES Río Cabe

Esta actividade está organizada polo departamento de Ciencias Naturais en colaboración co EDLG e os alumnos de 1º da ESO. Un membro da Asociación Lactouros guiounos nas explicacións e na práctica.

Pola mañá,  os alumnos asistiron a unha charla -en galego- sobre micoloxía, despois foron a unha excursión para coller cogomelos cos que fixeron unha exposición na entrada do centro que poido desfrutar todo o instituto. 

Ao longo da actividade recolleron léxico, refráns e cantigas en galego.

 ç





















venres, 2 de xuño de 2023

Letras galegas 2023

 Ademais da Foliada literaria que se celebrou no institiuto e cuxas imaxes podedes ver na seguinte ligazón, no centro realizáronse outras dúas actividades relacionadas cono esta data. 

Por un lado, o alumnado de 1.º e 2.º de ESO participou no Correlingua con pancartas que reproducían o lema da actividade neste 2023: Na casa, na escola, bota a lingua fóra!


Puede ser una imagen de 10 personas y texto 

 

Puede ser una imagen de 7 personas, multitud y Piazza di Spagna 

 

Na mesma xornada, o alumnado de 1.º de bacharelato visitou Lourenzá, vila natal de D. Francisco Fernández del Riego, onde fixeron unha ruta literaria. 

 




 

venres, 26 de maio de 2023

Knolling literario - Día do libro

 Deixámosvos unhas imaxes dos Knolling literarios que fixo o alumnado de diferentes cursos da ESO.
Dan ganas de ler e, algúns, tamén de comer. Os libros que escolleron están en diversas linguas do centro: galego, castelán, italiano e ata inglés. 

Esperamos que vos gusten tanto como a nós! 





 

 

venres, 12 de maio de 2023

Letras Galegas 2023

 O próximo mércores 17 de maio as Letras Galegas homenaxean a Francisco de Fernández del Riego, un dos impulsores da Editorial Galaxia. 

Dende o IES Río Cabe, o alumnado participará en diversas actividades relacionadas:

- Exposición sobre Francisco Fernández del Riego na entrada do centro.

- 15 de maio, luns. I Foliada Literaria, en horario de tarde. Todo o alumnado.

- 29 de maio, luns. O alumnado de 1.º e 2.º de ESO participará no Correlingua e o alumnado de 1.º de Bac realizará unha saída a Lourenzá, onde realizarán un roteiro literario-cultural na vila de don Paco, e á Pontenova, onde visitarán a Mina Consuelo e Boulloso.


Dende o EDLG, animámosvos a coñecer máis sobre a vida deste intelectural galego e achegámosvos os enlaces a diversas actividades feitas polo Seminario Galán: ruletas, rodicios, xogos de pistas... Non teñen desperdicio! 

Pincha na imaxe para acceder a elas e desfrútaas!





xoves, 20 de abril de 2023

Día do libro 2023 - Knolling literario

 Co gallo do Día do Libro, dende o EDLG do IES Río Cabe, e en colaboración co Club de lectura Balbordo, Bibliocabe e os Dptos. de Lingua Castelá e Literatura, Lingua e Literatura Galegas e Educación Plástica e Visual, anímavos a participar na próxima EXPOSICIÓN KNOLLING LITERARIO

 

Que é o Knolling?

É unha técnica fotográfica que se remonta a 1987 e que aúna nunha imaxe diferentes obxectos con relación entre si. Neste blog explícase moi ben. A nosa proposta e que fagades unha composición fotográfica que reúna diferentes obxectos relacionados cun libro que vos gustase. 

Seleccionados os obxectos, disponos de xeito axeitado, sobre un fondo liso e saca unha fotografía dende arriba, é dicir, empregando o prano cenital. Lembra incluir a portada do libro na imaxe!

A continuación, envía a túa fotografía ao correo normalizacionriocabe@gmail.com co asunto Knolling literario

Es quen de adiviñar en que zona do IES Río Cabe se mostrarán as vosas creacións? 

Animádevos a participar!





venres, 14 de abril de 2023

Final intercentros de Oratoria improvisada en lingua galega

 

O xoves 13 de abril tivo lugar no Salón de Actos do IES Río Cabe (Monforte de Lemos) a final intercentros do concurso de Oratoria Improvisada en Lingua Galega. Trátase dunha actividade, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que xa conta con tradición no noso centro e na que, este curso 2022-23, participarondous centros máis: o IES Martaguisela, do Barco de Valdeorras, e o IES Xograr Afonso Gómez, de Sarria. Na final participaron 21 estudantes dos diferentes niveis educativos dos tres institutos; a rapazada debía falar un minuto sobre unha palabra escollida ao chou dunha preselección. Pode parecer sinxelo, mais non o é. As intervenciónsforon, malia os nervios, marabillosas, e o alumnado deu renda solta á improvisación, á creatividade e, incluso, á etimoloxía. O acto rematou cunha actuación musical en directo e coa entrega de diplomas e agasallos aos finalistas e premios aos tres alumnos que mellor puntuación acadaron neste orixinal duelo lingüístico. O xurado, composto por unha docente de cada un dos tres centros, non o tivo nada doado.

A xornada continuou con tres actividades colectivas: unha visita guiada polo Monforte medieval e histórico (conxunto arquitectónico de San Vicente do Pino, xudería, Praza de España, Colexio de Nosa Señora da Antigua, Ponte Medieval) con parada na antiga librería Xistral, poñendo así en valor a figura do poeta Manuel María (que estaban estudando algúns mozos), e coa intervención de dúas alumnas do IES Martaguisela, que prepararan a lenda da Coroa de Lume para os seus compañeiros; unha comida de confraternidade no comedor do IES Río Cabe e, finalmente, a visita ao mirador do Duque, que permitiu admirar a beleza da contorna dende un punto que a maioría dos rapaces non coñecían. Púxose desde xeito fin a unha agradable xornada que esperamos se consolide e continúe nos próximos anos. Os mozos xa están pensando no lugar de celebración da final na próxima edición!

Os premiados nas diferentes categorías foron os seguintes:

Categoría 1.ºe 2.º de ESO:

Marc López Celeiro (IES XograrAfonso Gómez)

Icía Veiga López (IES XograrAfonso Gómez)

Paula Bouso González (IES Río Cabe)

 

Categoría 3.ºe 4.º de ESO:

Demetrio González Álvarez (IES Río Cabe)

Mario Prada Rodríguez (IES Martaguisela)

Anxo Sobrado Rodríguez (IES XograrAfonso Gómez)

 

Categoría 1.ºe 2.º de BAC

Carlos Vilariño Romero (IES XograrAfonso Gómez)

Mauro Díaz Gayoso (IES XograrAfonso Gómez)

Héctor Rosende Núñez (IES Río Cabe)

 

Dende aquí, enviámoslles os nosos máis sinceiros parabéns e animámolos a continuar participando nas próximas edicións. 

mércores, 22 de marzo de 2023

Final de Oratoria no IES Río Cabe

 O venres 17 tivo lugar a final de Oratoria Improvisada no IES Río Cabe. Os gañadores de cada nivel son os seguintes: 

1.º e 2.º de ESO

Paula Bouso

Tiago Saldaña

Emeli Vizcaíno

3.º e 4.º de ESO

Demetrio González

Ximena López

Sabela López

1.º e 2.º de BAC

Iván Blanco

Héctor Rosende

Candela Saavedra


Parabéns a todos os participantes!

Próximamente, terá lugar a Final intercentros, no que participarán con alumnado de Sarria e do Barco de Valdeorras.

venres, 3 de marzo de 2023

Parabéns!

 Ao abeiro do Festival de poesía Alguén que respira!, convocouse o certame Poesía Respira! para centros escolares de Galicia. As composicións presentadas tiñan que ter como tema o "cambio de clima e os legados culturais da vida".

Os versos do noso alumno Xurxo González Rodríguez, de 4.º de ESO, gañaron o premio da categoría E.S.O., galardón dotado con 300 euros. 

Moitos parabéns!!!!

 




Participa!

 Recodámosvos que esta aberta a convocatoria LINGUA DE NAMORAR 2023, que premia as mellores mensaxes de amor en lingua galega. 

Podes ver as bases aquí. O amor ten premio sempre; e, en galego, este pode ser unha talbet, un libro electrónico, uns cascos sen fíos....



venres, 24 de febreiro de 2023

Día de Rosalía

 Co gallo do Día de Rosalía, o alumnado de 2.º de ESO e 3.º PDC elaboraron dous murais para recordar e revitalizar a figura da autora. Dende o EDLG agradecemos as titoras e titor deses grupos a súa colaboración.

En 3.º de ESO PDC, tras ler algúns textos significativos da autora, encheron pétalos con títulos de obras, títulos de poemas e verbas significativas da súa poesía. Con eles, recrearon o rostro da autora.

Os dous grupos de 2.º de ESO copiaron e ilustraron fragmentos dos seus poemas máis coñecidos. Con eles, reproduciron a saia da poeta, que agora nos acompaña no corredor de 1.º e 2.º de ESO.  

Deixámosvos unhas imaxes do resultado. 






Para rematar, achegamos a publicación dixital 150 cantares para Rosalía de Castro, coordinada por Suso Díaz. Podes acceder a ela pinchando na seguinte imaxe: 


 

 

 


martes, 31 de xaneiro de 2023

Finalistas do certame de oratoria improsivada

 Tras un duro xaneiro de probas, xa temos finalistas para a próxima final do concurso de Oratoria improvisada. Son os seguintes (aparecen recollidos por orde alfabético):

1.º ESO A

Pepe Álvarez

Lois Arias

Verónica Caplea

1.º ESO B

Angie Fernández

Alberto Fernández

África Guitián 

1.º ESO C

Martín Quevedo

Tiago Saldanha

Emeli Vizcaíno

2.º ESO A

Paula Bouso

Anxo González

Javier de la Iglesia

2.º ESO B

Ángel L. Mora 

Efrén Rodríguez

Samuel Valdés

3.º ESO A

Carolina Cortiñas

Kaila Díaz

Joel Elidio

3.º ESO B

 Kevin Fernández

Gael Ureña 

Lucas Vera

4.º ESO A

Olha Fesiuk

Demetrio González

Sabela López

4.º ESO B

Ximena López

Iara Rodríguez

Manuel Vega

4.º ESO B(Agrup)

Yasmin Boghiu 

Salomé dos Santos

1.º BAC A

Iván Blanco

Daniel Precup

Alex Taboada

 1.º BAC B

Germán Álvarez

Luzía Fernández

Alexandre Maceda

2.º BAC A

Candela Callejo

Héctor Rosende

Míriam Varela

2.º BAC B

Efrén López

Teresa Olea

Miguel Vega


mércores, 11 de xaneiro de 2023

CONCURSO DE ORATORIA IMPROVISADA

 Un ano máis, o EDLG do IES Río Cabe convoca o Concurso de Oratoria improvisada. Ao longo do mes de xaneiro terá lugar a selección dos finalistas de cada aula. 

Quen participará na gran final? 


una línea continua dibujaba a un hombre hablando por un altavoz. un hombre  habló con entusiasmo mientras sostenía el megáfono. el concepto de anuncio,  advertencia, oratoria, elocuencia, declaración fuerte, publicidad 1946741  Vector